
UNA MUCHACHA SIN HISTORIA
Alexander Kluge, 1966.
88´. Subtítulos en galego.
ABSCHIED VON GESTERN / UNA MUCHACHA SIN HISTORIA
(Alemaña, 1966)
Dirección e guión: Alexander Kluge. Fotografía: Thomas Mauch e Edgar Reitz. Produción: Independent Film e Kairos-Film. Intérpretes: Alexandra Kluge, Hans Korte, Edith Kuntze-Pellogio. Duración: 88 minutos.
Percorrido polas desafortunadas peripecias de Anita G., unha moza xudía que pasa da Alemaña do Leste á RFA a finais dos anos cincuenta e que entrelaza diversas residencias, traballos, parellas, pequenos delictos, encarceramento, etc. Pesimista retrato da sociedade alemá dese momento, gravita sobre ela a lembranza da deportación dos seus pais nos campos de exterminio. Premiada en Venecia, elaborada polo considerado pai do Novo Cine Alemán, Alexander Kluge, excelente cineasta e escritor, baseada nun texto seu publicado en 1962.