UN LARGO ADIÓS
Robert Altman, 1973
112´. Subtítulos en galego.
THE LONG GOODBYE / UN LARGO ADIÓS
(Estados Unidos, 1973)
Dirección: Robert Altman. Guión: Leigh Brackett, sobre a novela de Raymond Chandler. Produción: E.K.Corporation e Lions Gate Films. Fotografía: Vilmos Zsigmond. Intérpretes: Elliott Gould, Nina Van Pallandt, Sterling Hayden. Duración: 112 minutos.
Terry Lennox chega ao ático do detective Philip Marlowe unha noite de verán e pídelle ao seu amigo que o acompañe ata a fronteira con México. Marlowe cumpre o favor sen pedir explicacións, pero ao regresar acaba encarcerado acusado de complicidade no violento asasinato da muller de Lennox. Sen dúbida, un dos títulos máis intelixentes da década, ou Altman –logo de que Bogdanovich rexeitase o proxecto- acosando nesta ocasión (como a continuación en Ladrones como nosotros, 1974) as convencións xenéricas do thriller e o cine negro. Subversiva, desmitificatoria, unha exploración nos resortes do propio cine, que actualiza e clarifica a trama achegándonos todo o desencanto dunha época. Memorable a creación de Elliott Gould como Marlowe.