Trois soldats allemands
François Caillat, 2001
75'. Vídeo. Subt. castelán.
TROIS SOLDATS ALLEMANDS
(Francia, 2001)
Dirección e guión: François Caillat, con texto de Jean-Pierre Kalfon. Produción: Gloria Films, Arte, INA, RTBF, IOTA Productions e Les Films de l’Observatoire. Fotografía: Jacques Besse. Duración: 75 minutos.
A partir dun feito casual, a exhumación do cadáver dun soldado descoñecido, Caillat desenvolve unha historia complexa e animada que tivo lugar en Lorena durante cen anos. Descubrindo personaxes, sen un relato lineal, revelando pistas, explorando a memoria de lugares constrúe unha historia do século XX. Os recursos: testemuñas, fotografías, postais, suxestivas imaxes da paisaxe. En palabras de Patricio Guzmán, “Unha lección de linguaxe cinematográfica. É unha lección sobre as formas narrativas: os sons, as voces, os berros, as imaxes fuxitivas, os segmentos musicais (…) Un modelo para facer documentais históricos sen aburrir, sen textos demostrativos, sen reconstrucións dubidosas, sen arquivo, con ousadía creativa”.