TRAS EL CRISTAL
Agustí Villaronga, 1986.
86’.
TRAS EL CRISTAL
(España, 1986)
Dirección e guión: Agustí Villaronga. Produtora: Teresa Enrich. Produción: T.E.M. Productores Asociados. Fotografía: Jaume Peracaula. Intérpretes: Günter Meisner, Marisa Paredes, David Sust, Gisela Echevarría, Imma Colomer. Duración: 86 minutos.
Un proxecto frustrado, o intento de contar a vida do aristocrático asasino de nenos Gilles de Rais, non impide a Agustí Villaronga reestruturar a idea noutro relato, a súa estrea como cineasta, onde horror, nazismo, perversións sexuais, infancia, vampirización e unha dominante atmosfera mórbida e asfixiante ben o redimen da idea inicial. Nunca chegaría tan lonxe o seu persoal realizador (“El niño de la luna”, “Aro Tolbukhin”) na captación do insán e a evidente fascinación do mal.