Toll of the Sea
Chester M. Franklin, 1922
100´. 16mm. Subt. galego. Acompañamento ao piano por Irma Fernández Alonso.
TOLL OF THE SEA
(Estados Unidos, 1922)
Dirección: Chester M. Franklin. Guión: Frances Marion. Fotografía: J.A. Ball. Produción: Metro Pictures. Intérpretes: Anna May Wong, Kenneth Harlan. Duración: 100 minutos.
Drama amoroso que pasa por ser o primeiro filme en Technicolor da historia do cine, un primitivo Technicolor de dúas matrices, e o primeiro rodado en Hollywood en cor. En China un mozo americano é salvado de afogarse por unha muller. Filme perdido, recuperado en 1985 por UCLA. A sesión inclúe unha curtametraxe (La cucaracha, 1934) e un set de tráilers (María Montez, la reina del Technicolor).