OF TIME AND THE CITY
Terence Davies, 2008
74´. Subtítulos en galego.
OF TIME AND THE CITY
(Gran Bretaña, 2008)
Dirección e guión: Terence Davies. Produción: Hurricane Films / Northwest Vision and Media / Digital Departures / BBC Films / Liverpool Culture Company / UK Film Council. Fotografía: Tim Pollard. Duración: 74 minutos.
Apoiándose nunha montaxe de imaxes de arquivo e de tomas rodadas na actualidade, Davies debulla coa súa propia voz os recordos do Liverpool que o viu crecer, anos 40 e 50, para despois avanzar cara ao presente deténdose nalgúns dos principais acontecementos da historia británica recente e amosándonos os efectos do paso do tempo sobre a súa cidade natal a través de comentarios que se moven entre a poesía e a ironía, a melancolía e a rabia.