THEY LIVE BY NIGHT
Nicholas Ray, 1948.
95´. Subtítulos en galego.
THEY LIVE BY NIGHT
(Estados Unidos, 1948)
Dirección: Nicholas Ray. Guión: Nicholas Ray e Charles Schnee, sobre a narración de Edward Anderson. Produción: RKO. Fotografía: George E. Diskant. Intérpretes: Farley Granger, Cathy O´Donnell, Howard Da Silva, Jay C. Flippen. Duración: 95 minutos.
A parella que forman Bowie e Cathy busca un novo camiño para as súas vidas. Fartos de reveses, cárcere e violencia, o amor que se profesan e a fidelidade aos seus antigos colegas vanos situar nunha situación complicada. A primeira película de Nicholas Ray, un relato axustado ao mellor cine negro baixo rotundas tinturas románticas e carga melancólica, construída a modo de road-movie pola que a atención pola rebeldía, a derrota e o desarraigo prefigura futuras narracións do autor.