
Tabú
Miguel Gomes, 2012
118‘. DCP. Subt. Castelán.
TABÚ
(Portugal, 2012)
Dirección: Miguel Gomes. Guión: Mariana Ricardo e Miguel Gomes. Produción: O Som e a Fúria e RTP. Fotografía: Rui Poças. Intérpretes: Teresa Madruga, Laura Siveral. Duración: 118 minutos.
Unha viaxe de Portugal á Africa colonial mentres se nos conta a historia dunha señora de carácter, a súa doncela de Cabo Verde e un veciño do bloque de apartamentos lisboeta. Cando a anciá morre, os outros descobren un folletinesco episodio do seu pasado, unha historia de amor, aventuras e crimes acontecida no Portugal africano. Oso de Prata en Berlín para unha combinación de rexistros fílmicos tan ousada como poética, unha mostra máis do talento do cineasta portugués Miguel Gomes, ao que o CGAI dedicara un ciclo da súa obra no verán de 2009. Proxección en DCP.