Resurrection
Kuángyě Shídài / 狂野时代
Jackson Yee, Shu Qi, Mark Chao, Li Gengxi, Huang Jue, Chen Yongzhong, Zhang Zhijian, Chloe Maayan, Nan Yan, Guo Mucheng
- 160 min.
Nunha sociedade futura na que a humanidade desdeñou a capacidade de soñar a cambio de vivir eternamente, uns poucos individuos con características especiais, coñecidos como ‘delirantes’, insisten en facelo, a pesar de estar perseguido pola lei. Unha dotada detective mergúllase nos soños dun destes resistentes para intentar desentrañar o misterio que os une e traer a estes rebeldes ante a xustiza.
Orixinalísima obra de ciencia-ficción ideada polo director de culto chinés Bi Gan (Largo viaje hacia la noche, Kaili Blues) ao longo de cinco anos, nos que ergueu un monumental labirinto cinematográfico que ten como ambición reinterpretar diversos xéneros e etapas da historia do cinema, realizando unha reflexión sobre a natureza propia do medio como contedor de memoria e ilusións que supera todo mecanismo de control ideolóxico.
Dividida en cinco capítulos que se interconectan por momentos, cada un deles está dedicado a un sentido específico, de xeito que o dispositivo cinematográfico se conduce a sublimar o tacto, a vista, o oído, o olfacto e o gusto segundo corresponda. Ao tempo, xoga con soportes e formatos, iluminación, cores ou branco e negro, sonoro e silente e diversos elementos expresivos, como os seus famosos planos secuencia, para se adecuar a cada un destes espazos de forte carácter simbólico, metonímico e metalingüístico.
Guste ou non, unha desas obras magnas, totalizadoras, excéntricas e singulares que producen seísmos e xeran culto inmediato.
-
Bi Gan, director de 'Resurrection': "Los sueños y el cine son dos expresiones para designar lo mismo"
Luis Martínez (El Mundo)
-
Magnífico delirio sobre la huella onírica de más de un siglo de cine
Oti Rodríguez Marchante (ABC)
Tráiler do filme
Avance cinematográfico VOSE



