SWEDENBORG
Antoni Padrós, 1971
42´. Vídeo. Entrada gratuíta.
SWEDENBORG
(España, 1971)
Dirección, guión e produción: Antoni Padrós. Fotografía: Llorenç Soler. Intérpretes: Rosa Morata, Hiriam Abid. Duración: 42 minutos.
Autor de dúas históricas longas underground, “Lock-out” e “Shirley Temple story”, Padrós é outro dos autores fundamentais para comprender as convulsións formais e políticas dos últimos tempos da ditadura franquista. En “Swedenborg”, como afirma o historiador Julio Pérez Perucha, achega unha inquietante reflexión protosurrealista sobre o malestar na parella e na cultura, aderezado pola súa actriz insignia, a excelente Rosa Morata.