
Sullivan's Banks + Maillart's Bridges + Two Projects by Frederick Kiesler
Heinz Emigholz, 1993-2000 + 2001 + 2006-2009
78'. 35mm / Betacam. Presentación a cargo de Luz Paz e Xoán Mosquera.
SULLIVAN'S BANKS / SULLIVANS BANKEN
(Alemaña, 1993-2000)
Dirección e fotografía: Heinz Emigholz. Produción: Pym Films e WRD. Duración: 38 minutos.
As primeiras catedrais do capitalismo logo do nacemento dunha nación (os Estados Unidos) eran de ladrillo á vista e estrutura de aceiro: velaí os bancos, elegantes e impoñentes, construídos a comezos do século XX por Louis H. Sullivan, figura central do modernismo e mestre de Frank Lloyd Wright.
MAILLART'S BRIDGES / MAILLARTS BRÜCKEN
(Alemaña, 2001)
Dirección e fotografía: Heinz Emigholz. Produción: Pym Films e WRD. Duración: 24 minutos.
Atravesar extensións de auga: esa é a primordial función dunha ponte. Cavilando nisto, o suízo Robert Maillart reduciu á mínima expresión os materiais e engadidos superfluos das súas e creou, coa graza da simplicidade, un mundo de novidosas formas de formigón.
TWO PROJECTS BY FREDERICK KIESLER
(Alemaña, 2006-2009)
Dirección e fotografía: Heinz Emigholz. Produción: Pym Films e WRD. Duración: 16 minutos.
Dous proxectos de Frederick Kiesler, visionario austríaco, que apuntan cara ás alturas inexploradas do imaxinable: a casa infinita (os confíns da posibilidade) e o Santuario do Libro de Israel, branco templo doutro mundo recuberto dunha fina capa de auga.