A Star is Born / Ha nacido una estrella
William A. Wellman, 1937
111'. DCP. Subt. Castelán
A Star is Born / Ha nacido una estrella
(Estados Unidos, 1937)
Dirección: William A. Wellman. Guión: Dorothy Parker, Alan Campbell, Robert Carson. Fotografía: W. Howard Green. Intérpretes: Fredric March, Janet Gaynor, Adolphe Menjou, May Robson, Andy Devine, Lionel Stander, Franklin Pangborn, Owen Moore, Peggy Wood. Dur: 111'.
Unha rapaza nova chega a Hollywood coa aspiración de se converter nunha actriz, mais, ao primeiro, só logra atopar traballo como camareira. Logo coñece un actor máis vello ca ela e comeza unha relación sentimental entre ambos. O actor, vendo o seu talento, afánase en facela unha estrela. Conforme ela avanza no mundo do espectáculo e coñece o éxito, o home irase autodestruíndo no alcoholismo.
Un dos maiores éxitos de Wellman, co que obtivo o Óscar ao mellor guión orixinal, despois de estar nomeado en oito categorías. A película era en realidade unha adaptación do clásico de George Cukor Hollywood al desnudo (1932), do que el mesmo faría o famoso remake con Judy Garland en 1954. A Hollywood sempre lle gustou falar de si propio e alimentou a súa lenda dende os primeiros tempos do sonoro ata La La Land (2016), que toma claramente emprestada a herdanza destoutras. A historia repítese. Esta é unha das máis emblemáticas da fábrica de soños.