
Shirley: Visions of Reality / Shirley: visiones de una realidad
Gustav Deutsch, 2013
92'. DCP. Subt. castelán.
SHIRLEY: VISIONS OF REALITY / SHIRLEY: VISIONES DE UNA REALIDAD
(Austria, 2013)
Dirección e guión: Gustav Deutsch. Fotografía: Jerzy Palacz. Produción: KGP Kranzelbinder Gabriele Production. Intérpretes: Stephanie Cumming, Christoph Bach. Duración: 92 minutos.
O iconoclasta xenial Gustav Deutsch (Viena, 1952) recrea trece cadros do pintor Edward Hopper (1882-1967), unha circunstancia que lle permite contar a historia dunha muller nunha época compricada (e probablemente trabucada), un tempo que non acepta. Deutsch achégase aos Estados Unidos nunha temporalidade que abrangue (pinturas) de 1931 a 1965, tres décadas de compromiso, enerxía e insatisfacción do personaxe principal.
O virtuosismo e procesos de búsqueda establecidos polo autor viaxan en simultáneo a un relato histórico e biográfico. Proposta conceptual moi por riba da típica narración de inspiración pictórica, un filme que ensambla elementos (mesmo o son de posprodución e a voz en off) mentres explora a dimensión múltiple do obxecto artístico.