Sette opere di misericordia / [Siete obras de misericordia]
Gianluca e Massimiliano De Serio, 2011
103'. 35mm. Subt. castelán.
SETTE OPERE DI MISERICORDIA / [SIETE OBRAS DE MISERICORDIA]
(Italia, 2011)
Dirección e guión: Gianluca Di Serio e Massimiliano De Serio. Fotografía: Piero Basso. Produción: La Sarraz Pictures, Elefant Film e RAI Cinema. Intérpretes: Roberto Herlitzka, Olimpia Melinte. Duración: 103 minutos.
A vida de Luminita, unha adolescente clandestina disposta a todo para tentar sobrevivir, topa coa dun vello próximo á morte. Entre as dúas existencias marxinais vai existir unha loita por se impoñer que mestura crueldade e humanidade. Unha sorte de thriller con consecuencias inesperadas e fermoso tratamento cinematográfico, unha metrópole de luz invernal retratada en cinemascope. Sección oficial en Locarno 2011.