Sesión de traballos de Xosé Manuel Bazarra “Sepi”
2001-2009
74´. Cine / Vídeo. Presentación a cargo do seu autor. Entrada gratuíta.
OS DÍAS DO CAOS
(España, 2001)
Dirección: Xosé Manuel Bazarra «Sepi». Guión: Xosé Manuel Bazarra e Tucho Bazarra. Produción: Xosé Manuel Bazarra e Gaspar Broullón. Fotografía: Manuel Cantorna. Intérpretes: Carlos Villa, Tomás Ahola, César Goldi. Duración: 24 minutos.
Retrata o desencanto e a desidia da mocidade e as dificultades que atopa un mozo con talento "nun ambiente decadente do que non é capaz de saír". A vida de Andrés, un contador de historias condenado, que pretende saír do mundo sórdido e decadente no que está metido. Aínda que, por outro lado, busca sentirse aceptado polo grupo de lacazáns e delincuentes ao que pertence.
BERBERECHO
(España, 2001)
Dirección e produción: Xosé Manuel Bazarra «Sepi». Guión: Xosé Manuel Bazarra e Gaspar Broullón. Fotografía: Gaspar Broullón. Intérpretes: Carlos Villa, Sepi, Ramiro Ledo. Duración: 12 minutos.
Un home inadaptado senta nun bar a reflexionar sobre a vida e sobre os parroquianos do bar. O bar non é outro que o Berberecho, situado nunhas galerías do ensanche compostelán. Estivo nomeada á mellor curtametraxe nos Mestre Mateo 2002.
LOS REYES DEL COLUMPIO
(España, 2004-2009)
Dirección: Xosé Manuel Bazarra «Sepi». Guión: Xosé Manuel Bazarra e Tucho Bazarra. Produción: Danga danga. Fotografía: Santi Liste. Intérpretes: Xosé Manuel Bazarra, Marta Larralde, Carlos Villa. Duración: 19 minutos.
Dous "colgados" atópanse no supermercado e andan de badanas todo o día. A medida que vai pasando o día vese reflectida a desidia na que viven os personaxes. Unha road movie underground desde a visión desencantada dos seus protagonistas. Derradeiro capítulo da Triloxía do Perdedor. Aparicións de César Goldi e Comba Campoy.
BERBERECHO II
(España, 2009)
Dirección: Xosé Manuel Bazarra «Sepi». Guión: Xosé Manuel Bazarra e Tucho Bazarra. Produción: Danga danga. Fotografía: Alberto Díaz “Bertitxi”. Intérpretes: Carlos Villa, Sepi, Anita Bajan. Duración: 19 minutos.
Secuela do Berberecho. Dez anos despois, o personaxe ten unha sociopatía máis brutal e unha visión cáustica da vida. Un retrato sociolóxico do século XXI desde o prisma nihilista do protagonista sazonado con apuntamentos ácedos.