Sesión de traballos de Juan Villegas e Celina Murga
2002-2003
87´. Vídeo / Cine.
UNA TARDE FELIZ
(Arxentina, 2002)
Dirección e guión: Juan Villegas e Celina Murga. Produción: Celina Murga, Juan Villegas e José María «Pigu» Gómez. Fotografía: José María «Pigu» Gómez. Intérpretes: Camila Toker, Tamae Garateguy. Duración: 7 minutos.
Tres amigas e unha cadela deciden encontrarse nunha praza para pasar a tarde. Dúas delas cren que a outra está de aniversario e deciden comprarlle uns agasallos, pero todo se converte nunha suma de malentendidos. Non hai tal aniversario e os agasallos que lle decidiron facer son exactamente iguais.
ANA Y LOS OTROS
(Arxentina, 2003)
Dirección e guión: Celina Murga. Produción: Celina Murga e Carolina Konstantinovsky. Fotografía: Marcelo Lavintman e José María Gómez. Intérpretes: Camilla Toker, Ignacio Uslenghi. Duración: 80 minutos.
A primeira longametraxe de Murga foi premiada en BAFICI, Tesalónica, Venecia e a Viennale. Ana volve ao seu Paraná natal logo de dez anos en Bos Aires. O motivo, a reunión de antigos graduados de instituto, dos cales Ana desconectara. A posibilidade de recuperar un antigo amor, Mariano, e a aparición de múltiples personaxes van perfilando unha sorte de suspensión temporal retratada con planos depurados e longos nun relato de procura elaborado de maneira farto sutil. Unha trama que xurdiu, en verbas de Celina Murga, "por unha necesidade de contar a relación coa cidade onde naciches e a tensión entre o que es e o que fuches".