Sesión 8: Terceiro Mundo
VV.AA, 1968-1970
112'. HD
Una isla para Miguel, Sara Gómez, 1968, HD. 22'
Tercer mundo, Tercera Guerra Mundial, Julio García Espinosa, 1970, HD. 90'
Una isla para Miguel, de Sara Gómez, é o segundo volume da triloxía que a directora dedica á Isla de Pinos, un compasivo estudo sobre un mozo dunha familia monoparental que enviaron a un campo de reeducación. A franqueza do filme abandona os marcos ortodoxos e mostra unha aproximación complexa á marxinación social. Tercer mundo, Tercera Guerra Mundial exemplifica a opinión do seu director, Julio García Espinosa, para quen resulta «imposible cuestionar unha determinada realidade sen cuestionar primeiro o xénero que escolles para mostrala». Trátase dunha película tan didáctica como consciente de si mesma, composta por toda unha serie de recursos, técnicas e estilos documentais. Filmada en Vietnam do Norte, comeza como un documental político para abandonar progresivamente as convencións do xénero: tras a narración histórica, os testemuños de xente corrente en silencio dan paso a un itinerario de viaxe pola destrución, coa intervención e coa rodaxe directa dos propios vietnamitas, un auténtico paradigma do cine imperfecto.