![Sesión 5: Cine español (CulturArts-IVAC) Sesión 5: Cine español (CulturArts-IVAC)](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_3259.png?itok=H1oyuB5e)
Sesión 5: Cine español (CulturArts-IVAC)
VV.AA., 1915-1918
85´. DCP.
Sesión 5: Cine español (CulturArts-IVAC)
Dirección: VV.AA., 1915-1918. Duración: 85 minutos.
A repercusión da Guerra nas distintas industrias cinematográficas europeas, cos seus patróns estéticos diferenciais. Un melodrama e un documental de enorme modernidade conforman as pezas coas que CulturArts-IVAC contribúe ao proxecto.
A sesión comprende:
*Pasionaria (1915). 21´.
Melodrama de José María Codina sobre Adriana, unha moza violada que marcha a América logo de ser repudida polo seu pai. Alí triunfa como bailarina exótica co Nome de Tórtola Valencia.
*Sanz y el secreto de su arte (1918). 64´.
Documental promovido por Maximiliano Thous e Francisco Sanz sobre o segundo deles, un célebre ventrílocuo. Observamos o movemento dos autómatas, parte dos números que Sanz interpretaba no teatro e unha pequena ficción protagonizada por Don Liborio, o seu boneco máis famoso.