SESIÓN 5: Active still / Fixamente activa (1983-2010)
Gunvor Nelson
90'. 16mm/vídeo.
SESIÓN 5: Active still / Fixamente activa (1983-2010)
Dirección: Gunvor Nelson. Duración: 90 minutos.
Frame Line (1983). 22’.
Light Years Expanding (1988). 25’.
Natural Features (1990). 30’.
Tomando como partida sempre o seu traballo con imaxes rodadas coa cámara de 16 mm, esta sesión percorre o camiño máis extremo das audio-visións creadas por Gunvor Nelson: un mundo propio, heteroxéneo e desbordante. Seguindo unha orde cronolóxica, o programa arrinca con Frame Line, a primeira película na que Nelson afonda na técnica da colaxe mediante a descrición rítmica da súa Suecia natal que danza, como a vida, entre a beleza e a fealdade máis extremas. Light Years Expanding é a remontaxe que a propia Gunvor realiza do filme Light Years, abondando na súa estrutura aparentemente caótica, e, en cambio, tremendamente harmónica, para rematar na considerada como a súa obra cumio, o traballo máis pictórico-audiovisual: Natural Features. Espellos, auga, xoguetes, cortes, fotografías, pinturas ou tintas sucédense de forma aparentemente azarosa nunha película que reflexiona con intensidade sobre as posibilidades dramáticas do rostro e da percepción audiovisual.