Sesión 3: Portraits
Gregory J. Markopoulos, 1967-1975
61'. 16mm. Presentación de Miguel Blanco.
Sesión 3:
PORTRAITS
(Grecia, 1967-1975)
Dirección e produción: Gregory J. Markopoulos. Duración: 61 minutos.
Inclúe os traballos Through a Lens Brightly: Mark Turbyfill, Political Portraits, The Olympian e Gibraltar. Entre as súas dúas grandes películas de retratos, Galaxie e Political Portraits, Markopoulos filmou durante seis horas o pintor e poeta Mark Turbyfill. Sen preparación, a forma definitiva foi atopada no propio proceso e na montaxe en cámara. Como sucede en Gibraltar, dedicada a Gilbert & George, estes retratos non procuran identificar, senón revelar cada anaco de película como contedor daquela «eternidade» tan temida polos aborixes. En Political Portraits, viaxa por Europa para filmar a de Chirico ou Nureyev: as súas historias fan honra ao sentido grego da palabra “política” nunha época en que se bordean os acenos cotiáns. A relaxación e o ritmo neoiorquino son diferentes en Galaxie, mais a duración do retrato continúa correspondéndose coa da bobina. Ao comezo da película orixinal, Markopoulos le un fragmento de L'Homme et la nuit de Valéry. Posteriormente, en The Olympian, montará un retrato de Alberto Moravia na súa terraza de Roma con intervalos de negro.