SESIÓN 3: Light moving / Luz en movemento (1967-1994)
Gunvor Nelson
93'. 16mm/vídeo. Presentación a cargo de Gunvor Nelson e Miguel Fernández Labayen. Entrada de balde.
SESIÓN 3: Light moving / Luz en movemento (1967-1994)
Dirección: Gunvor Nelson. Duración: 93 minutos.
Before need Redressed (1994). 42’.
Fog Pumas (1967). 25’.
Light Years (1987). 26’.
“Captar a beleza das nosas estrañas obsesións”. Ese é o alento que se agocha tras dalgunhas das súas películas máis libres e suxestivas como Before Need Redressed, remontaxe realizada pola propia Nelson dun filme anterior codirixido con Dorothy Wiley. Arrincando con esa película, a sesión intérnase nos terreos máis libres de todo o traballo de Gunvor: primeiro co filme Fog Pumas, próximo ao surrealismo, para rematar no terreo máis matérico e lumínico de todo o seu cine con Light Years, unha singular película mestura de colaxe, superposicións, capas case-que-infinitas e animacións en stop-motion que se desprazan entre o abstracto e o concreto, entre a materia e a paisaxe, entre os reencontros cos escenarios da súa infancia e a experimentación máis libre co aparato cinematográfico como creador, e non como mero rexistro. “Interésame a coreografía do que acontece nas miñas películas, que vén logo, a xustaposición dos planos, e o que ocorre entre eles e con eles conforme a película se desenvolve”.