Schindler’s houses
Heinz Emigholz, 2006
35 mm. Presentación a cargo de Emma López.
SCHINDLER'S HOUSES / SCHINDLER HAÜSER
(Austria-Alemaña, 2006)
Dirección e fotografía: Heinz Emigholz. Produción: Amour Fou e Heinz Emigholz Filmproduktion. Duración: 99 minutos.
Ao longo da área dos Ánxeles agóchase unha fileira de casas ideadas por Rudolf Schindler. Paneis rectos, módulos, madeira e unha pulcritude desarmante predominan en exteriores que gardan uns interiores impresionantes na súa sinxeleza, difíciles de imaxinar dende fóra. Nos anos transcorridos dende a súa construción –entre os anos 20 e os 50– moi distintas sortes correron as casas de Schindler. O mundo e a paisaxe que as rodean actúan sobre elas e mudan, inelutablemente, así como tamén aqueles que as habitan.