
SARABAND
Ingmar Bergman, 2003.
107´. Vídeo. Subtítulos en castelán.
SARABAND
(Suecia, 2003)
Dirección e guión: Ingmar Bergman. Produtor: Pia Ehrnvall. Produción: Sveriges TV, DR, NRK, YLE1, RAI, ZDF/ Arte, ORF. Fotografía: Raymond Wemmenlöv, Per-Olof Lantto, Sofi Stridh, Jesper Holmström e Stefan Eriksson. Intérpretes: Erland Josephson, Liv Ullman. Duración: 107 minutos.
O antigo matrimonio formado por Marianne e Johan vólvese atopar na residencia de verán del despois de 30 anos separados. Alí tamén comparecen Henrik, fillo de Johan, viúvo desde hai dous anos e a súa filla Karin. As relacións, a soidade, o poder, mortes e amores sen esquecer, un portentoso e octoxenario Ingmar Bergman revitalizando sempre temas esenciais mentres retoma as criaturas de “Secretos de un matrimonio” (1973). Produción para televisión con partitura de Bach, Bruckner e Brahms.