Sapatos pretos
João Canijo, 1998
97’.
SAPATOS PRETOS (Portugal, 1998) Dirección e guión: João Canijo. Produción: Paulo Branco para Madragoa Filmes e RTP. Fotografía: Mário Castanheira. Intérpretes: Ana Bustorff, Joâo Reis. Duración: 97 minutos. Dalila, logo de facer unha revisión médica, decide mudar de imaxe. Corta o cabelo e merca un vestido cinguido. Cadno regresa á casa, os homes da zona comezan a mirala e a se achegaren a ela. Isto provoca un conflito entre cada un deles e o seu home, un reloxeiro que pasa o día no negocio que ambos posúen nunha pequena localidade. A culpa dunha historia de celos, traizóns e asasinatos ao redor dos amores furtivos e incómodos tena Lisboa. Canijo deixa atrás a urbe definitivamente. A estratexia é intelixente: presenta Lisboa como unha sombra incómoda, un fóra de campo que marca e reconfigura o destino do lugar onde enclava a súa narrativa. A capital branca e brillante queda só na memoria, Canijo fala doutra cidade, un lugar escuro e perigoso.