
SANTA SANTITA
Laurice Guillen, 2004
108´. Subtítulos en galego.
SANTA SANTITA / MAGDALENA. THE UNHOLY SAINT
(Filipinas, 2004)
Dirección: Laurice Guillen. Guión: Johnny Delgado, Jerry Gracio, Johnny Gracio e Michiko Yamamoto. Produción: Tony Gloria para Unitel Pictures. Fotografía: Lee Meily. Intérpretes: Angelica Panganiban, Jericho Rosales. Duración: 108 minutos.
Chayong vive en Quiapu e traballa rezando para os demais a cambio de donativos. Malen (Magdalena) é a súa única filla, unha rapaza testana que fai o que quere. Cando se compromete con Mike, un astuto condutor de turistas, a nova non sorprende a ninguén, agás a Chayong que se debilita progresivamente e morre dunha tremenda congoxa. Así, cando Malen volve ten que encargarse do traballo de súa nai como oradora. Malen queda na igrexa e acepta as peticións de rezos das almas desesperadas que, sorprendentemente, son respondidas. Sen calculalo nin entendelo a súa clientela segue crecendo.