SAMIA
Philippe Faucon, 2000.
73´. Subtítulos en castelán.
SAMIA
(Francia, 2000)
Dirección: Philippe Faucon. Guión: Philippe Faucon e Soraya Nini, baseada na novela desta "Ils disent que je suis une beurette". Fotografía: Jacques Loiseleux. Produción: Ognon Pictures e Arte France Cinéma. Intérpretes: Lynda Benahouda, Mohamed Chaouch, Marie Rivière. Duración: 73 minutos.
Samia, unha rapaza de 15 anos de raíces alxerianas, vive na periferia de Marsella envolta nos problemas propios da súa idade, aos que debe sumar os do seu marco xeográfico, os «banlieus» franceses, cheos de conflitos raciais e interxeracionais. Yacine, o irmán máis vello, herdeiro da tradición e xerarquías familiares afoga os sentimentos e desexos de todas as súas irmás. Samia non se somete e enfróntase ao contorno opresivo e ao racismo latente na sociedade francesa, inmersa nunha violenta e rápida transformación.