SALUT LES CUBAINS
Agnès Varda, 1962-1963
28´. Vídeo. Subtítulos en castelán.
SALUT LES CUBAINS
(Francia, 1962-1963)
Dirección e guión: Agnès Varda. Produción: Société Nouvelle Pathé Cinéma. Fotografía: fotografías de Agnès Varda. Duración: 28 minutos.
Homenaxe a Cuba, froito dun convite que Varda recibe do ICAIC, o Instituto de Cine Cubano, catro anos despois do triunfo da revolución. Unha montaxe de 1.800 fotos, tras seis meses de rigoroso esforzo, amosa o ritmo de vida, a calor e as primeiras tentativas de implantación do socialismo no país caribeño. Uso de cancións populares cubanas e unha narración a cargo de Michel Piccoli.