Salad Days: A Decade of Punk in Washington, DC (1980-1990)
Scott Crawford, 2014
103'. Vídeo HD. Subt. Castelán. Entrada de balde
Salad Days: A Decade of Punk in Washington, DC (1980-1990)
(EEUU, 2014)
Dirección e guión: Scott Crawford. Dur.: 103'.
Salad Days plasma a etapa heroica de Dischord Records, o selo de Washington DC, e a comunidade hardcore local. “Sempre poderás facer medrar algo aquí “ afirma Ian McKaye, “porque ninguén te está mirando”. É un documental insider que non teme ser crítico. Trátanse as cousas estupendas: Dischord “é austera e utilitaria, e é difícil de corromper” (afirma Henry Rollins); o HC uniu a todos os tíos raros e febles da cidade; a mensaxe positiva; o rol de xornal local. Mais tamén se fala das cousas menos agraciadas (“aquilo era unha fraternidade de tíos”, din as rapazas). Cada fotograma é unha icona; cada frase, un himno á transcendencia. Aparecen todos os grupos, de Minor Threat e Ten Idles e S.O.A. a Black Market Baby o Faith. Hai curiosidades (os lazos coa escena negra do Go-Go), skins, Straight Edge (“era un xesto benevolente”, segundo McKaye), protesta anti-Reagan e aparición do “emo” (Embrace, Soulside, One Last Wish...). Mesmo hai humor: McKaye confesa que aínda recibe chamadas-chacota de mozos bébedos mofándose da súa temperanza.