Rumba 3. De ida y vuelta
Joan Joan Capdevila, David Casademunt, 2015
90'. Vídeo HD. Entrada de balde
Rumba 3. De ida y vuelta
(España, 2015)
Dirección: Joan Capdevila, David Casademunt. Dur.: 90'.
Un panexírico ao conxunto máis exultante da rumba catalá. A alegría de vivir do trío desfixo os negros nubarróns do franquismo, e iso que non nacían do confort. A súa é unha historia de fama e fitas de gasolineira, de brillantes cantantes e “malísimos” danzantes (como afirma unha de súas mulleres, morta de risa), de tenrura familiar, pobreza e ritmo. É unha historia de superación: da tristeza, do abuso á que os someteron no colexio-prisión, de nacer na parte mala da cidade. E é unha historia de, maldita sexa, redención. De como os irmáns Capdevila e o seu amigo José Sardaña, barceloneses e guedelludos, gañaron todos os festivais, remexeron un país gris, foron perseguidos por groupies infatigables e percorreron cada comarcal da península camiño a esta ou aquela gala (arriscando a súa vida). É unha historia de amor conxugal, malia as xiras e os amoríos. É unha historia de familia e cohesión. E hits. Son oito millóns de historias. Peret, Lolita, Estopa, Luís Cobos, José Mota e decenas máis téñeno claro. Son os mellores.