Rosa de Areia
António Reis, Margarida Cordeiro, 1989
88'. 35mm. Subt. Galego
Rosa de Areia
(Portugal, 1989)
Dirección e guión: António Reis, Margarida Cordeiro. Fotografía: Acácio de Almeida. Intérpretes: António Manuel Baptista, Constança Capdeville, Carlos Alberto Gomes. Dur: 88'.
Unha película que fala, coa singular voz de Reis e Cordeiro, da relación entre cine e literatura. En impoñentes paisaxes, postas en escena de misteriosa beleza dan vida a unha escolla de textos que vai de Montaigne a Kafka, de relatos xurídicos medievais a Carl Sagan. Sons, ritmos, visións, palabras, corpos e rostros, vento, po e area. Personaxes de soño, expostos, pero secretos, que xorden e desaparecen, coma os "uadis" onde nace a rosa do deserto. Condición humana, dolorosa, vida: nenos e mulleres, homes e animais.