
Qu’ils réposent en révolte
Sylvain George, (2007-2010)
154’. Vídeo. Subt. galego.
QU’ILS RÉPOSENT EN RÉVOLTE (DESFIGURES DE GUERRES I)
(Francia, 2007-2010)
Dirección e fotografía: Sylvain George. Produción: Noir Production. Duración: 154 min.
Un grupo de homes sentados cara ao lume tentan borrar as súas pegadas dixitais. Outros cortan as xemas dos dedos cunha folla de afeitar. Sylvanin George conviviu durante tres anos cos migrantes ilegais na cidade de Calais, no norte de Francia. George reflicte a loita cotián pola supervivencia, unha pelexa desapiadada que esixe mesmo a perda dos sinais de identidade. Partindo dunhas liñas dun poema de Henri Michaux, Qu’ils réposent en révolte…, o filme rexistra en branco e negro as condicións inhumanas que soporta a “plebe moderna”.