QUEN FOI EDGAR ALLAN?
Michael Haneke, 1984
83’. Vídeo. Subtítulos en galego.
WER WAR EDGAR ALLAN? [QUEN FOI EDGAR ALLAN?]
(Austria-Alemaña, 1984)
Dirección: Michael Haneke. Argumento: Peter Rosei. Guión: Hans Broczyner, Michael Haneke. Produción: Neue Studio Film, Zweites Deutsches Fernsehen (ZDF), Österreichischer Rundfunk (ORF). Fotografía: Frank Brühne. Intérpretes: Paulus Manker, Rolf Hoppe, Guido Wieland, Renzo Martini, Walter Corradi, Roberto Agazzi. Dur.: 83 min.
Un mozo alemán abandona os seus estudos de medicina, contrariando os desexos de seu pai, para viaxar a Venecia dilapidando a súa asignación en drogas e alcohol. Tras a morte do pai, coñece un home misterioso que se fai chamar Edgar Allan. Produción para televisión.