QUEI LORO INCONTRI
Jean-Marie Straub, Danièle Huillet, 2006.
68´. Subtítulos en galego.
QUEI LORO INCONTRI
(Italia-Francia, 2006)
Dirección e guión: Jean-Marie Straub e Danièle Huillet. Fotografía: Renato Berta, Jean-Paul Toraille, Marion Befve. Produción: Pierre Grise Productions. Intérpretes: Angela Nugara, Vittorio Vigneti. Duración: 68 minutos.
Baseándose nos “Diálogos con Leuco” (1947) de Cesare Pavese observamos a derradeira peza do lendario proceso de depuración artística da parella de creadores Straub-Huillet: cinco monólogos declamados por mitos precristiáns, heroes da mitoloxía, ambientados despois da 2ª Guerra Mundial que representan unha sublimación da súa vontade escénica e un cumio de sensibilidade, fixando os temas universais e fundamentais da existencia.