QUAND TU DESCENDRAS DU CIEL
Eric Guirado, 2002.
100´. Subtítulos en castelán.
QUAND TU DESCENDRAS DU CIEL
(Francia-Bélxica, 2003)
Dirección: Éric Guirado. Guión: Éric Guirado e Pierre Schoeller. Fotografía: Thierry Godefroy. Produción: Harpo Films, Rhône-Alpes Cinéma (Francia), BFC Productions. Intérpretes: Benoît Giros, Serge Riaboukine. Duración: 100 minutos.
Jerome, coa axuda de súa nai, mantén viva unha pequena explotación cunha trintena de vacas. Desde a morte de seu pai, en cinco anos non tivo un só día libre. Co pretexto das festas de fin de ano, vai á cidade na procura de traballo. Inicia unha amizade cun vagabundo lareteiro, reconcíliase con súa irmá Corinne e atopa un traballiño no concello: engalanar os piñeiros de Nadal. Axiña lle encomendan outro labor: “limpar” os barrios céntricos de vagabundos de todo tipo. Jerome rebélase, apoiado por Marta, unha xornalista bolseira que escribe no diario local.