Poéticas do Cine
Do 1 de abril de 2008 ao 30 de abril de 2008
Sección que, iniciada como ciclo organizado conxuntamente co Festival de Cine de Gijón, convertemos en fixa dentro da programación. O tema central inicial, a propia reflexión sobre o cinema, deriva e configura toda unha serie de traballos contemporáneos que indagan nas texturas e evolución da linguaxe fílmica, procesos de busca que nos revelan o tremendo potencial que aínda xace baixo o mundo das imaxes. Este mes unha proposta iconoclasta presentada polos seus autores, Lai (2005) de Nuria Aidelman e Gonzalo de Lucas, á que sumamos dúas curtametraxes máis –Carta de Franz Kafka a Felice Bauer (2006) e Sobreimpresiones (2007)- firmadas polo mesmo Gonzalo de Lucas.
Agradecementos: Gonzalo de Lucas, Nuria Aidelman.