Pioneiras: Lois Weber
Do 4 de decembro de 2020 ao 22 de decembro de 2020
Ao longo de varios meses, o CGAI-Filmoteca de Galicia vai presentando diferentes programas das moitas pioneiras do cine ás que a historia deixou no esquecemento. Por pioneiras entendemos mulleres que traballaron na industria, fundamentalmente na norteamericana, nas primeiras décadas do cine, case que todas elas no período do mudo, malia podermos tamén contabilizar algunha excepción nos anos trinta do século pasado. En case todos estes casos foron unhas carreiras demasiado efémeras. E se nos centramos na industria é porque fóra dela, nos terreos da animación ou das prácticas experimentais, o papel das mulleres tivo máis continuidade e recoñecemento: Germaine Dulac, Lotte Reiniger, Maya Deren, Marie Menken etc.
Neste programa de decembro dedicaranse tres sesións a Lois Weber (1879-1939), actriz nos seus comezos, devén en activa directora na segunda década do século e nos anos vinte realiza algunha indiscutida obra mestra como The Blot (1921), que xa proxectamos no mes de setembro.
Agradecementos: Penteo Films.