OUFF 2017
Do 8 de setembro de 2017 ao 26 de outubro de 2017
A colaboración co Festival de Cine Internacional de Ourense achéganos nesta ocasión dúas obras singulares. Dunha banda, o resultado do traballo dunha década sobre distintas historias con catro actrices, no que será unha peza monumental de 12 horas de duración. Trátase do último do arxentino Mariano Llinás, que obtivera prestixio internacional con Historias extraordinarias (2008) e que regresa agora con La flor, da que presentou de momento a primeira parte, de preto de catro horas de duración.
A segunda achega do OUFF é a descuberta da cineasta de vangarda Jeannette Muñoz cunha serie de curtas epistolares que actualizan esta longa tradición do cine experimental.
La flor (parte 1)
Mariano Llinás, 2016
Envíos+ Puchuncaví
Jeannette Muñoz, 2005-2017