NOVO CINE ITALIANO (II)
Do 1 de xaneiro de 2006 ao 31 de xaneiro de 2006
En colaboración con: Festival Internacional de Cine de Gijón, IVAC-La Filmoteca, Filmoteca Española.
Quinta edición do proxecto Novos Cines centrada este ano no Novo Cine Italiano dos anos sesenta. O ciclo, que se prolongará até principios de febreiro de 2006, está conformado por unha vintena de títulos entre os que se inclúen algúns dos máis coñecidos de directores como Pasolini, Bertolucci, Rossi, Olmi, Bene, Bellocchio, Pontecorvo, Taviani, etc. Como en anos anteriores, como complemento do ciclo editarase o volume “En torno al Nuevo Cine Italiano. Los años sesenta: realismo y poesía”, coordinado por José Enrique Monterde.
Agradecementos: José Enrique Monterde, Carlotta Films, Video Mercury, Filmoteca Española, Cineteca Nacionale (Roma), British Film Institute (Londres), Ripley’s Film (Roma).