MAMMA ROMA
Pier Paolo Pasolini, 1962
114’. Subtítulos en castelán.
MAMMA ROMA
(Italia, 1962)
Dirección: Pier Paolo Pasolini. Guión: Sergio Citti, Pier Paolo Pasolini. Produción: Alfredo Bini / Arco Film. Fotografía: Tonino Delli Colli. Intérpretes: Anna Magnani, Ettore Garofalo, Franco Citti, Silvana Corsini, Luisa Loiano. Dur.: 114 min.
Unha prostituta soña cun fogar, cunha educación para o seu fillo e coa posibilidade de saír do mundo sórdido onde vive. Despois de aforrar os cartos necesarios adquire unha vivenda nos suburbios de Roma, pero o seu pasado perséguea alí onde vai.