
Intersección-Contemporary Audiovisual Art Festival
Do 18 de outubro de 2022 ao 21 de outubro de 2022
INTERSECCIÓN-Festival de Arte Audiovisual Contemporánea é un espazo de visibilidade para creadoras audiovisuais innovadoras que pretende amosar a diversidade formal e conceptual no panorama das prácticas artísticas e audiovisuais contemporáneas, servindo como reflexo do seu actual dinamismo. Tamén é un punto de encontro, un espazo de pensamiento actual para producir coñecemento e sinerxias entre artistas, investigadoras, comisarias, críticas, programadoras, institucións e todos aqueles axentes involucrados, así como o público xeral, que poderá coñecer este tipo de arte dun modo fácil e accesible, grazas á presenza das autoras e outras profesionais, cos que poderán falar sobre as pezas, realizar preguntas e solucionar calquera tipo de dúbida ou inquietude durante os amplios coloquios previstos.
Na quinta edición do festival, a Filmoteca de Galicia acolle catro sesións.

The Smoke Rides on the Wind

Nuclear Family

Super Natural

Sesión curtametraxes
