
HISTORIA(S) DE GODARD
Do 13 de marzo de 2002 ao 30 de abril de 2002
A presentación dos últimos traballos de Jean-Luc Godard, Histoire(s) du cinéma e Éloge de l'amour, sérvenos de desculpa para recuperar algún dos seus títulos clásicos dos anos sesenta, desde películas tan coñecidas como À bout de souffle, Alphaville e Pierrot le fou, ata outras de difusión moito menor como La chinoise, Le petit soldat ou Une femme est une femme, así como unha das películas que a principios dos 80 marcou o seu retorno á ficción e lle proporcionou o León de Ouro no Festival de Venecia, Prénom: Carmen.
Servido este aperitivo, a finais de abril terá lugar a presentación da totalidade da serie televisiva, un encargo de Gaumont e Canal+, Histoire(s) du cinéma, en realidade un filme-ensaio que recapitula a historia do cine, ou mellor, a historia do cine desde a perspectiva de Godard, e a relaciona coas demais artes e coa propia historia do século XX. Moitos dos seus achádegos, en particular a súa utilización dos recursos do vídeo, volven estar presentes en Éloge de l'amour, unha exitosa mestura de ensaio e ficción, a primeira película (godardiana) do século XXI.
En colaboración con: Alliance Française e Embaixada de Francia.

Alphaville (Lemmy contra Alphaville)

Una mujer es una mujer

Nombre: Carmen
![Histoire[s] du cinéma](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/image-w1280_6.jpg?itok=OCxCzVAm)
Histoire[s] du cinéma

Elogio del amor

Al final de la escapada

Pierrot, el loco
