GAUMONT: 120 ANOS
Do 11 de setembro de 2015 ao 30 de setembro de 2015
En colaboración con: A Contracorriente Films e
Poucos meses despois da primeira proxección pública
dos irmáns Lumière, en xullo de 1895, nacía a empresa
de cine más antiga do mundo, Gaumont, que logo de
120 anos de traxectoria, segue hogano activa, tanto
na súa vertente de produtora, como distribuidora e
mais exhibidora de cine. A decisión de León Gaumont
de apostar polo futuro do cine foi case simultánea coa
invención do cinematógrafo da man dos irmáns Lumière.
A primeira curtametraxe da factoría Gaumont, unha
serie de fotogramas en movemento, era exhibida en
feiras ambulantes naquela “caixa de trucos máxicos”.
Alice Guy, a primeira directora e produtora de cine da historia,
comeza a traballar para a factoría e lanza a que foi
considerada coma a primeira película da historia, unha
combinación de imaxes en movemento e arte teatral,
La fée aux choux (1896). A partir do ano 1900, Gaumont
decide fabricar os primeiros aparatos de proxección e
traballa na cor, no son das imaxes e é en 1903 cando, en
homenaxe á súa nai Marguerite, decide que o logotipo da
súa empresa sexa precisamente unha margarida.
O ciclo que ofrece o CGAI en colaboración coa distribuidora
A Contracorriente Films presenta oito significativas
longametraxes da traxectoria de Gaumont producidas
entre 1953 e a actualidade e abrangue máis de seis décadas.
Esta escolma en copias novas dixitais (DCP) combina
algúns grandes clásicos con éxitos máis recentes (de
Diálogo de carmelitas á La cena de los idiotas), grandes
autores (Max Ophüls, Jean-Luc Godard, Francesco Rosi,
Louis Malle, Volker Schlöndorff) con promesas de autores
mozos (Guillaume Gallienne). O ciclo complétase
con proxeccións nos cineclubs Padre Feijóo (Ourense) e
Lumière (Vigo) de L’Atalante (Jean Vigo), Un condenado a
muerte se ha escapado (Robert Bresson), Banda a parte
(Jean-Luc Godard) y Van Gogh (Maurice Pialat).

Mademe de ...

Diplomacia

Adios, muchachos

Diálogo de carmelitas

Carmen de Bizet

La cena de los idiotas

Weekend
