FÓRA DE SERIE
Do 1 de maio de 2012 ao 30 de xuño de 2012
A constante actualización de títulos nesta sección permite unha recuperación do mellor da produción mundial recente. Os últimos filmes de cineastas do prestixio e talento de Aleksandr Sokurov (Fausto, gañadora en Venecia 2011) e Aki Kaurismaki (El Havre) encontra a estrea. A segunda longametraxe de Julio Hernández Cordón (1975), premiada en San Sebastián, Las Marimbas del infierno (2010) posúe unha hábil combinación de ficción e non ficción. En colaboración con Expotaku e a publicación especializada A Cuarta Parede cremos na boa saúde do thriller surcoreano, coa proxección da enérxica e persoal The Yellow sea de Na Hong-Jin. This is not a film de Jafar Panahi coloca o espectador na pelexa dun autor, o iraniano Jafar Panahi, polas liberdades básicas ao tempo que serve para presentar o último libro do profesor e crítico Ángel Quintana, Después del cine. Imagen y realidad en la era digital, reflexión sobre as transformacións tecnolóxicas editado por Acantilado.
Aproveitándomos a celebración de (S8) III Mostra de Cine Periférico, programamos títulos afíns, entendidos como complemento adecuado. Buenas noches, España do filipino Raya Martin (con produción española), a estrea en España do último Nathaniel Dorsky e a recuperación de traballos de mestres da vangarda como Peter Tscherkassky e o estadounidense Stan Brakhage proseguen a labor de visibilización deste material.
Agradecementos: Ángel Quintana, Víctor Paz, Expotaku, A Cuarta Parede, Rodolfo Pardo, Fernanda del Nido, Sixpack Film (Austria), Light Cone (Francia).