Fóra de serie
Do 1 de febreiro de 2009 ao 28 de febreiro de 2009
A sección permite a estrea de dous suxestivos títulos recentes. Por un lado, a única película española presente en Cannes 2008, El cant dels ocells (O canto dos paxaros), onde prosegue a evolución como cineasta de Albert Serra (Banyoles, 1975) logo da estimulante Honor de cavalleria (2006), esta vez nun relato etéreo que nos achega aos terreos do mito e que presentará el mesmo na sala de proxeccións; por outra banda, Staub (Po), un documental alemán que indaga con sagacidade nas diversas encarnacións e relacións que se nos ofrecen en elementos aparentemente insignificantes.
Agradecementos: Albert Serra, Emilio Oliete, Sagrera, Ina Rossow, Deckert Distribution (Alemaña).