Fóra de serie
Do 1 de outubro de 2008 ao 31 de outubro de 2008
Manoel de Oliveira e Marisa Paredes recibirán o día 15 de outubro na cidade da Coruña a Medalla de Ouro das Belas Artes 2007, distinción outorgada polo consello de ministros do goberno español. Recuperamos como homenaxe a única colaboración conxunta entre ambos e un título de Oliveira aínda inédito entre nós. Ademais unímonos ás celebracións (Cannes, Venecia,...) polo centenario do cineasta portugués, que terá lugar en decembro deste ano. O CGAI engade estas sesións á completa retrospectiva realizada hai anos sobre a súa obra, as constantes estreas de traballos seus e a publicación monográfica que editara sobre el en 2004.
Agradecementos: Miguel Cadilhe, Teresa Sampaio, Filbox, Joao de Melo, Ines Rodrigues, ICA, Isabel Ferreira, Instituto Camoes.