Fóra de serie
Do 1 de abril de 2008 ao 30 de abril de 2008
Tres traballos diferentes coa memoria como eixe vertebrador na sección “Fóra de serie” deste mes, que contarán con presentación e coloquios na sala. O resplandor das Atochas (2007) de Jorge Gil rastrea a Historia local vinculada á guerra civil española. A arxentina La masacre de San Patricio. 4 de julio (2007) devólvenos a un episodio infausto da ditadura arxentina, cun apropiado complemento: a presenza dos seus autores, de varios protagonistas do filme, como o xornalista Eduardo Kimel e o ex-sacerdote palotino Roberto Killmeate, ademais do reforzo do sacerdote e doutor en Historia Mariano Pinasco, que amosarán a vitalidade do documental e a súa vixencia como instrumento de análise da realidade. O pasamento do director Emilio MacGregor (1962-2008) leva tamén a unha homenaxe á súa traxectoria concertada con CREA, Directores e Realizadores Asociados de Galicia.
Agradecementos: Jorge Gil, Eliseo Fernández, Fernando Souto, Manuel Rivas, Fernanda del Río, Juan Pablo Young, Pablo Hernán Zubizarreta, Xabier Bermúdez, Xes, Manu Mayo, CREA.