Fóra de serie
Do 1 de decembro de 2007 ao 31 de decembro de 2007
En colaboración co Máster en Teoría e Práctica do Documental Creativo da Universitat Autònoma de Barcelona.
Con motivo do 10º aniversario do Máster de Documental da Universitat Autònoma de Barcelona e a edición dun DVD que recolle unha selección de 10 dos traballos máis brillantes realizados polos alumnos, o Máster presenta no CGAI o traballo editado máis dúas das pezas, coa presenza da directora dunha delas, Teresa Arredondo, así como unha das coordinadoras do Máster, Elena Ortega. Mostra dalgunhas constantes do documental contemporáneo, desde o cine-ensaio, o falso documental ou a metraxe atopada, a colaboración co Máster terá continuidade en vindeiros ciclos.
Agradecementos: Josetxo Cerdán, Carmen Viveros, Pablo Baur, Martín Sappia, Teresa Arredondo.