
Desmontaxe: Film, vídeo/apropiación, reciclaxe
Do 27 de maio de 1993 ao 8 de xuño de 1993
O ciclo de películas e vídeos agrupados baixo o título "Desmontaxe: Film, vídeo/apropiación, reciclaxe" revela o protagonismo das artes audiovisuais no amplo campo do apropiacionismo e reciclaxe. Na década dos 80 proliferaron as análises sobre o sentido da utilización de materiais preexistentes, pero cabe outra perspectiva que enriqueza unha forma peculiar do proceso creativo que, partindo do fío común da imaxe en movemento, percorra experiencias realizadas ao longo do século. O conxunto é tan complexo como suxestivo. A diversidade de soportes, e a relación destes con outras linguaxes artísticas, abre camiños de investigación. O armazón de conceptos e prácticas debuxa un mapa tupido de liñas cruzadas. Detrás da selección de setenta obras hai un labor notable, diante está o efecto de presentar as probas suficientes para a reflexión. A imaxe fílmica e electrónica sitúase no centro dos interrogantes sobre a autoría, a propiedade, os medios de comunicación de masas e as posibilidades de crítica radical. Desmontar os mecanismos de manipulación coas mesmas ferramentas que se levanta a ficción é necesario. As fórmulas para conseguilo son variadas e teñen tradición. Desde a hilaridade que pretende Jardiel Poncela, ata o choque, o scratch vídeo, o cuestionamiento sobre o "dado" serviu para darlle a volta ás convencións. Ao repasar a variada mostra que propón Eugeni Bonet conectamos coa vontade científica do arqueólogo, o espírito aberto do dialogante e o saudable empeño desintoxicador do ecoloxismo.

PROGRAMA 5A: 501 ANOS (OU MENOS)...

PROGRAMA 5B: ...E OUTRAS EXPOLIACIÓNS

PROGRAMA 6B: INFORMACIÓN, DESINFORMACIÓN E RUÍDO

PROGRAMA 7A: SOÑOS E PESADELOS DE AMERIKA

PROGRAMA 7B: O ESTADO DA ARTE DO ATENTADO E ASASINATO POLÍTICO: De JFK a... Re-RON

PROGRAMA 8A: VIDAS PRIVADAS

PROGRAMA 8B: A ENFERMIDADE COMO E MÁIS ALÁ DA METÁFORA

PROGRAMA 9A: GRAN ENTRETEMENTO EN CINEMASCOPE

PROGRAMA 9B: PELÍCULAS DE VIAXE, UNHA DE VAQUEIROS E... ¡UNHA BIRRIA!

PROGRAMA 1A: CONTRA O ESPECTÁCULO DO FIN DO MUNDO...

PROGRAMA 1B: ...POLO FIN DO MUNDO DO ESPECTÁCULO

PROGRAMA 3A: ANSIEDADE E ROMANCE
