Claire Denis (I)
Do 1 de novembro de 2005 ao 30 de novembro de 2005
En colaboración con: Festival Internacional de Cine de Gijón, IVAC-La Filmoteca, Filmoteca de Cantabria, Alliance Française (A Coruña).
Desde a súa opera prima “Chocolat” (1988) até a súa máis recente película “L’intrus” (Venecia 2004) ou o documental “Vers Mathilde” (2005), Claire Denis (París, 1948) encaixa perfectamente no concepto de “autor”, como resultado dunha traxectoria coherente e apaixonada, chea de traballos viscerais e controvertidos. Pasou a súa infancia nunha colonia francesa no Oeste de África e quizais iso explica, polo menos en parte, a razón pola que as súas películas reflicten un choque cultural entre sociedades opostas, algunhas veces con valores irreconciliables, o que se pode ver en “Chocolat”, “Beau Travail”, “L’Intrus”, “US Go Home” ou “Man No Run”.
Vinculada a cineastas como Wenders ou Jarmusch, o concepto de “marxe” e de “diferenza” adquire un valor especial na maioría dos seus traballos, non só polos lugares onde as súas películas se desenvolven (Camerún, Tahití, Suíza, Corea, etc.) favorecendo unha posta ao día dos conceptos en cada título, senón polo comportamento habitual das persoas de calquera parte do mundo que actúan nas súas películas, que non son, en moitas ocasións, actores profesionais. Estes conceptos aparecerán constantemente ao longo da súa filmografía, da mesma maneira que se mantén o equipo artístico que axuda a Denis (o compositor Dickon Hinchcliffe, o guionista Jean-Pol Fargeau ou o director de fotografía Agnes Godard).
O ciclo adicado a Claire Denis preséntase na 43 edición do Festival Internacional de Cine de Gijón e entre o 29 de novembro e o 23 de decembro no CGAI. O catálogo, coeditado tamén polo CGAI, foi coordinado por Álvaro Arroba.
Agradecementos: Álvaro Arroba, Claire Denis.