Cine e Ciencia (II)
Do 1 de novembro de 2008 ao 30 de novembro de 2008
En colaboración coa I Mostra de Ciencia e Cine.
O CGAI segue co ciclo resultado da colaboración coa I Mostra de Ciencia e Cinema, celebrada na cidade da Coruña entre os días 22 e 25 de outubro e organizada pola Asociación “Amigos Casa de las Ciencias”. Co nexo da fascinación polo ceo prosegue a alternancia de títulos ben variados. Este mes ofrecemos a película de Jim Finn Interkosmos, unha peza de Isaki Lacuesta (Marte en la tierra) e un dos traballos que nos permiten descubrir á directora estadounidense Jeanne Liotta.
Agradecementos: Jeanne Liotta, Lightcone (Francia), Isaki Lacuesta, Jim Finn.
OBSERVANDO EL CIELO
Jeanne Liotta, 2007
MARTE EN LA TIERRA
Isaki Lacuesta, 2007